OBRADOIROS / Concellería de Igualdade
DESCRICIÓN
O concello de Soutomaior, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) pon a disposición de todas as persoas docentes ou aquelas que estean interesadas un exemplar da unidade didáctica Historia do movemento feminista en Galicia (1975-1983) FEITAS DOUTRAS, escrita por Raquel Fernández Reguera.
Unha unidade didáctica para traballar co alumnado de 4ª da ESO ou Bacharelato o rexurdir do Movemento Feminista Organizado en Galicia a finais do franquismo, prestando especial atención ó contexto do que emana e ó seu desenvolvemento durante a Transición. Este análise parte do ano 1975 por ser un momento de gran actividade social para as mulleres, no que grazas á celebración do Ano Internacional da Muller comezan a escoitarse as voces de mulleres feministas que se están a organizar.
Por outra banda, o punto de corte seleccionado é o ano 1983 porque a nivel estatal, nesta data o feminismo entra nas institucións coa creación do Instituto da Muller, e a nivel autonómico, créanse dúas publicacións feministas como son a revista Andaina e Festa da palabra silenciada.
Pódese solicitar a unidade didáctica FEITAS DOUTRAS, a través da páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior, ou ben chamando por teléfono para realizar a inscrición ó Centro de Información á Muller (CIM).
*Cantidades limitadas
Accesos : 664 |