CURSOS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
Os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas medio ambientais, formación en escalada, en paddle surf, en kaiak, actividades prácticas durante a formación, formación en igualdade, formación en necesidades especiais alimentarias, etc. O curso consta de 200 h teórico - prácticas e 150 h prácticas nunha entidade que realice actividades educativas no ámbito do lecer e tempo libre ou en campamentos.
Modalidade mixta: 145 h presenciais e 55 h en liña correspondentes coa parte teórico práctica.
Datas e horarios da formación impartida presencialmente (145 h): 4,5,11,12,18,19,,25,26 de marzo; 1,2,7,8,9,15,16,22,,23,29,30 de abril; 6 de maio. Horario: Sábados de 9 a 14 h e de 16 a 21h e domingos de 9 a 14 h.
Datas da formación impartida en liña (55 h):
5,,12,19,26 de marzo; 2,8,15,22,29 de abril; 6 de maio.
Non é preciso estar conectado/a no horario da formación en liña establecido para cada clase, dando a facilidade ao alumnado de realizar as tarefas correspondentes durante os 5 días posteriores á clase en cuestión. Toda a documentación coa que se traballará en cada clase estará subida á plataforma. Cada clase ten un código de acceso, e este é facilitado ao alumnado o día previo ao inicio da clase, sendo posible acceder os días posteriores. Cada clase en liña ten unha duración de 5 horas e a avaliación do alumnado na mesma realízase mediante:
Descarga:
Accesos : 500 |