OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
ATENCIÓN CAMBIO NOS PRAZOS DE INSCRICIÓN: POR MOTIVO DE DISPOÑIBILIDADE DE RESERVAS DE PRAZAS DE OCUPACIÓN NA ILLA O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE ANTES DO PREVISTO DESDE O 1 A 15 MARZO.
HORARIO BUS:
Saídas:
Chegadas:
Horario:
Realización da primeira quenda:
CARACTERÍSTICAS:
Roteiro interpretado de 1 h 30 minutos de duración ata a Pedra da Campá, un dos miradoiros máis emblemáticos das Illas. Dificultade moderada, con algún pequeno tramo con pendente pronunciada e chan irregular. A maior parte do percorrido é por pista de terra.
Desnivel máximo: 100 m
Experiencia inmersiva individual en quendas de dúas en dúas persoas para visitar as paisaxes somerxidas das Illas Cíes grazas á visualización de imaxes en vídeo en 360º nos lentes de realidade virtual.
IDADES: Todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade. As persoas menores de 16 anos deberán de ir acompañadas cunha persoa adulta responsable.
OBRIGATORIO: Participar en todas as actividades propostas polo equipo de monitorado pois trátase dunha acción dirixida que ten uns obxectivos e contidos específicos que se realiza no marco dun programa e para participar as persoas deben adquirir este compromiso de responsabilidade
Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda e as que non estean empadroadas no Concello de Soutomaior.
As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso.
Material recomendado para realizar a actividade:
IMPORTANTE: Recordamos que as guías son tituladas e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Máis información na OMIX no teléfono 638822868 ou por correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Accesos : 981 |