OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Neste roteiro repasaremos a historia local, desde a Prehistoria ata a actualidade, visitando a lugares de interese paisaxístico (bosque autóctono, vistas á costa de Oia e o seu Mosteiro, etcétera), enclaves arqueolóxicos (petróglifos da Pedreira, arredores do castro do Bosque) e outros lugares de interese histórico artístico como o Mosteiro cisterciense de Santa María de Oia e o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polas parroquias de Pedornes e Santa María de Oia. Coñeceremos os valores medio ambientais, históricos e culturais da paisaxe natural da zona costeira de Oia, un concello situado na contorna próxima de Soutomaior: ambos pertencen á mesma provincia, ao mesmo xeodestino (ría de Vigo-Baixo Miño). Aproveitaremos unha actividade física moderada, apta para todos os públicos, para gozar ao aire libre cunha actividade saudable, descubrir a riqueza patrimonial dos arredores de Soutomaior e concienciarse sobre a súa fraxilidade e necesidade de preservación. Coñeceremos outros espazos e sensibilizarémonos sobre o impacto que a acción humana ten sobre o medio para tentar reducilo.
HORARIO BUS:
Saídas autobús:
Chegadas autobús:
CARACTERÍSTICAS: Circular sinalizada.
Duración: 4 horas, aproximadamente de duración do roteiro.
Lonxitude: 7,5km. Dificultade moderada, con algún tramo con pendente moi pronunciada e chan irregular, especialmente nos primeiros km. A maior parte do percorrido é por pista de terra, aínda que tamén hai pequenos tramos de chan urbanizado nos núcleos de Arrabal e Chavella.
Desnivel: 304m negativo/positivo.
Altitude: 5m mínima/242m máxima
INICIO: Sairíamos da Casa do Concello (no Arrabal pero na Estrada Xeral) e rematariamos no Mosteiro e a zona do Arrabal máis pegadiña ao mar, practicamente pechando o círculo.
CUSTE: de balde.
INSCRICIÓNS: 1 inscricions por participante
PERSOAS DESTINATARIAS: todas as idades. Ter en conta as condicións e características do roteiro.
OBRIGATORIO: participar en todas as actividades propostas polo equipo de monitorado pois trátase dunha acción dirixida que ten uns obxectivos e contidos específicos que se realiza no marco dun programa e para participar as persoas deben adquirir este compromiso de responsabilidade
NÚMERO DE PRAZAS: 30.
Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas.
As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso.
Material recomendado para realizar a actividade:
IMPORTANTE: Lembramos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Accesos : 1033 |