CURSOS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
Impartir as ensinanzas básicas para que o alumnado adquira os coñecementos, competencias e capacidades necesarias para presentarse ás probas libres que a Consellería de Educación convoca para a obtención do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para persoas adultas.
CONTIDOS
As probas están estruturadas en tres ámbitos:
Ámbito da comunicación: inclúe probas específicas correspondentes á Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura e Lingua estranxeira. Os contidos sobre os que o adulto será avaliado figuran no apartado 4 da guía de información xeral.
Ámbito científico - tecnolóxico:inclúe probas específicas de Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da natureza (contidos de Xeoloxía, Bioloxía, e Física e química).
Ámbito social: inclúe contidos correspondentes fundamentalmente a Xeografía e historia, con algunha cuestión concreta de Música e de Educación plástica e visual.
DESTINATARIOS/AS: maiores de 18 anos que non están matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial. Tamén poderán participar persoas menores de 18 pero non se poderán inscribir nas probas ata que teñan os 18 anos.
Descarga:
Accesos : 694 |