OBRADOIROS / Concellería de Ensino
ROTEIRO: Micolóxico polos montes de Arcade-Soutomaior (4 horas)
Prazas Completas
Inicio da actividade: 20-11-2022
Fin da actividade: 20-11-2022
Dias da actividade: Domingo 20 de novembro
Horarios: 10:00 a 14:00 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 30 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Montes de Arcade Soutomaior
Inscricións: desde 9 de novembro ata 17 de novembro
|
DESCRICIÓN
Comezaremos este roteiro cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo, cogomelo, hifa, micelio, espora,...Reprodución. Nutrición: formas de vida. Partes dun cogomelo. Aspectos ecolóxicos: climatoloxía e épocas de frutificación (factores que inflúen no desenvolvemento e frutificación dos fungos), influencia do tipo de terreo, hábitats). Principais especies comestibles e velenosas que se poden atopar en Galicia en outono.
Aproximadamente sobre ás 11 partiremos en coche para o punto de inicio do roteiro. Poderemos ir en cadanseu coche ou agruparnos para ir en grupos pequenos. Esta parte realizarase polos montes de Soutomaior pero a zona concretarse ese día polo guía e experto Jaime Blanco da Asociación Brincabois que serán o encargado de realizar con nós este roteiros e previamente seleccionar o mellor lugar uns días antes tendo en conta a climatoloxía e de como se atopen as zonas de bosque.
CARACTERÍSTICAS
Dificultade baixa- Percorrido maioritariamente por sendeiros e pistas de monte, podemos atoparnos con chan irregular (pedras, terra e desniveis).
-
LONXITUDE: 3,5km, aprox.
-
TEMPO ESTIMADO: 3 h
-
IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.
-
INICIO: Multiúsos Arcade.
-
CUSTE: de balde.
-
DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición (xa enviada en liña).
HORARIO
-
Inicio: 10.00 h Multiúsos de Arcade
-
Fin: 14.00 h Arcade
INSCRICIÓNS
-
Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición.
-
As persoas que estean penalizadas por non asistir ás anteriores sen causa xustificada pasarán á lista de agarda.
-
No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas e as persoas con penalización.
-
As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso (neste caso 2022)
Material recomendado para realizar a actividade:
-
Navalla e un cesto pequeno para gardar os cogomelos recollidos.
-
Roupa adecuada á meteoroloxía (ter en conta que haberá zonas de exposición ao vento, ao sol e que se vai á beira do río e pode haber zonas asolagadas).
-
Calzado adecuado para camiñar, con sola forte e rugosa.
-
Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
-
É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (tanto para a parada de descanso a medio camiño como para o xantar) ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
-
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Máis información na OMIX no teléfono 638822868 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Concellerías implicadas: Concellería de Medioambiente
|
|