OBRADOIROS / Concellería de Ensino
Cos obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema" imos reflexionar sobre o “papel” do papel no cinema; explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Ademais pode transmitir movemento, combinación perfecta!
Neste contexto, nacen os obradoiros que durante o mes de decembro imos desenvolver no Multiúsos en Arcade (Soutomaior). Para isto contamos con Belén Veleiro que logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, deseña estes obradoiros para experimentar dun xeito moi práctico, divertido e ameno as caixas de cartón e as súas posibilidades.
Breve descrición do obradoiro: ZOOTROPO XIGANTE
Unha viaxe aos inicios da imaxe en movemento. Descubrimos como funciona o cine a través da construcción de xoguetes ópticos: flipbook, taumatropo e zootropo.
Ampliación do prazo ata o venres 3 ás 13:00 h
Accesos : 247 |