OBRADOIROS / Concellería de Ensino
BREVE DESCRICIÓN:
Roteiro sensorial moi divertido e lúdico para percorrer Arcade falando da integración e adaptación das persoas con diversidade funcional no día a día. Por medio de diferentes situacións nas que os sentidos xogarán un papel moi importante percorreremos os espazos urbanos facendo un percorrido que terá outra visión, outro tacto, outro olor, outras formas de relacionarnos co entorno e coas demais persoas. Mesturando sensacións, emocións e superacións que axudaran a valorar as nosas capacidades e potenciais de cara a afrontar diversas situacións e a percibir con moita máis empatía, atención e reflexión todo o que nos rodea. Ao longo do percorrido valoraremos como vai sendo a nosa adaptación a estas situacións tan alleas ou descoñecidas para nós e coñecer máis sobre as diversidades funcionais.
METODOLOXÍA:
Dividiremos o grupo de participantes en dous grupos de 16 persoas cada un. Cada grupo irá acompañado de dous monitores/ascos que realizaran un percorrido diferente, onde traballaremos a nosa integración e coñecemento do entorno máis próximo a nós a través da “observación dos sentidos”.
Hora de saída: 11:00 horas.
Hora de chegada ao punto de inicio: 13:30 horas.
Materiais necesarios: roupa cómoda e calzado para camiñar.
Comunicarase a cada persoa en que grupo está e cal será o seu punto de inicio cando remate o prazo de inscrición.Un dos grupos sairá da Praza de Talo Río e o outro do Peirao, ao lado da caseta de información.
Ampliación do prazo ata o venres 3 ás 13:00 h
Accesos : 341 |