OBRADOIROS / Concellería de Cultura
Durante a actividade as persoas asistentes aprenderán nocións básicas sobre distintas técnicas de circo como malabares, equilibrio e aéreos. Neste obradoiro de iniciación a través do xogo achegarémonos a estas técnicas de circo divertíndonos, aprendendo a coñecer mellor as nosas posibilidades e cualidades físicas traballando a confianza en nós mesmos/as.
Dividiremos o gran grupo en tres pequenos grupos para poder pasar por cada unha das estacións circenses e así todos e todas poderemos probar cada unha das técnicas. Para participar soamente se precisa roupa cómoda.
Accesos : 950 |