Para dar a coñecer as multiples virtudes das conservas do mar, incidindo asi en hábitos de consumo alimentario saudables, chegan os obradoiros de “Fai clic ao teu bocata”.
Da man dos científicos Mar e Roi veremos as características das conservas do peixe e do marisco, os seus nomes, hábitos e o proceso que seguen dende que están no seu medio natural ata que chegan a ser parte dun delicioso bocadillo!
Inscricións previas EN LIÑA ata o 30 de xullo.
Se tes algunha intolerancia por favor comunícao cando te inscribas.