OBRADOIROS / Concellería de Igualdade
Persoas destinatarias:
Nenas e nenos entre 3 e 12 anos, con familias que necesiten conciliar durante o período non lectivo escolar.
Lugar: edificio Multiusos de Arcade
Quendas do campamentos:
1ª Quenda do 23 ata o 30 xuño (ambos incluídos)
2ª Quenda do 1 ata o 15 de Xullo (ambos incluídos)
3ª Quenda do 19 ata o 30 de Xullo (ambos incluídos)
O horario do campamento é de 9:00 a 14:00h. existindo a posibilidade de entrar as 8:00h e recoller ás 15:00h.
As solicitantes deben escoller por orden de prioridade a quenda onde queren participar. no caso de quedar prazas dispoñibles nalguna das quendas, as familias solicitantes poderán repetir participación.
• Criterios para establecer a orde de selección das quendas.*
- Nai e pai traballando 5 ptos.
- Familias monoparentais/monomarentais 5 ptos.
- Nivel de renda da unidade familiar 5 ptos.
- Persoas empadroadas 5 ptos.
- Familias co unha persoas proxenitora traballando 3 ptos.
*A igualdade de puntos primarase a orde de inscrición rematada.
• A incrición non se atopará rematada ate O ENVÍO DE TODA A DOCUMENTACIÓN ó enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Asunto: Campamento de verán (fotocopia da renda da unidade, xustificante de traballo e DNI das persoas proxenitoras), de NON RECIBIRSE A DOCUMENTACIÓN queda fora da selección das familias.
• O campamento desenvolverase con todas as garantías sanitarias, establecéndose medidas de seguridade a recepción das crianzas como unha declaración responsable das persoas proxenitoras garantindo a saúde das nenas e os nenos nos 14 días previos á entrada no campamento.
Accesos : 593 |