Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Educación 
20-Cápsulas-Creativas-(Cartel).jpg

Cápsulas Creativas 

Do: 01-12-2020 ó: 18-12-2020
Destinatarios/as: 6 - 18 anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: min 5 - max 9 / Grupo
Entrada: De balde
Lugar da actividade: On Line

Inscricións desde: 27-11-2020
Inscricións ata: Luns, 21. Decembro 2020
 

DESCRICIÓN

Estas actividades estarán adaptadas ás idades das persoas participantes. Os materiais que usemos nas actividades 3R fundamentalmente serán con cousas de reutilicemos para darlle unha segunda vida e reciclar. Se alguén ten algunha intolerancia alimentaria ou algunha diversidade funcional, por favor, que o indique no apartado correspondente do formulario para que poidamos poñernos en contacto con vós e atendela.

3R XOGA - FUTBOLÍN  E LABIRINTO (6-8 anos) (9-11 anos)

Breve descrición: nesta actividade construiremos dous xogos empregando unha caixa de zapatos, paus de pincho moruno, pinturas para diferenciar os equipos, unha bola e ganas de pasalo ben. Cando teñamos o futbolín  construiremos un labirinto de dificultades variadas para superar o reto e ir engadindo e quitando obstáculos de maneira moi doada.

COCIÑA- BOLACHAS DE MANTEIGA (6-8 anos) (9-11 anos)

Breve descrición: introducirémonos no mundo da repostería dunha maneira doce e divertida cunha receita sinxeliña pero que conquistará os nosos padais. Os ingredientes principais serán fariña e ganas de amasar. Adaptaremos a actividade e os ingredientes ás intolerancias alimentarias que marquedes na inscrición.

3R AGASALLA - ESTAMPACIÓN ECOLÓXICA (6-8 anos)

Breve descrición: practicando en papel antes de levar a nosa obra á tela, faremos diferentes deseños de debuxos feitos cos dedos ou palmas da mans.

3R AGASALLA - TESTOS CON FORMAS TRIBAIS (9-11 anos)

Breve descrición: mediante a reutilización de  botellas de plástico crearemos macetas divertidas con diferentes cores e materiais. Cortaremos o recipiente para adaptalo á forma que desexemos e  decorarémolo pintando caras ou animais.

COCIÑA - BROWNIE E TRUFA DE DÁTIL (9-11 anos)

Breve descrición: nesta actividade faremos dúas propostas. Un brownie porque se che gusta moito o chocolate, esta receita é a túa pois daremos un  biscoito de cacao para rechupetear os dedos e tamén faremos trufas de dátiles que son uns doces sinxelos e moi saudables. Todos os aportes nutricionais imprescindibles nun petisco delicioso. Adaptaremos a actividade e os ingredientes ás intolerancias alimentarias que marquedes na inscrición.

3R XOGA - XOGO ARTÍSTICO CON LETTERING (12-14 anos) (15-18 anos)

Breve descrición: lettering é o arte de debuxar letras, pensar nelas como formas, non como letras. Tratase dunha actividade que resulta moi divertida e onde lograremos resultados espectaculares, para posteriores deseños para realización de carteis, slogans, mensaxes en vidro, etc, etc.

3R AGASALLA - FUNDA DE MÓBIL CÓMIC  (12-14 anos) (15-18 anos) 

Breve descrición: actividade na que realizaremos unha funda de móbil para poder ter organizado cable e teléfono mentres realizamos a carga do mesmo, na que o material a empregar vai ser papel de cómic, de xornal, de agasallo…..en definitiva, de moitas cores.

 

COMO VAI A FUNCIONAR CADA ACTIVIDADE?

A conexión realizarase mediante a web: https://meet.jit.si/

Simplemente con poñer este enlace en calquera buscador xa podedes entrar (non é necesario descargar nada). Podedes facelo desde o móbil ou desde o ordenador. Necesitades ter cámara e micro.

Crearemos unha sala específica para cada actividade cuxo enlace vos daremos nos días previos ó inicio para que poidades conectarvos no día e hora sinalado. Tamén vos enviaremos por whatsAPP o listado de material que precisades ter preparado para a actividade (serán cousas sinxelas e fáciles de conseguir).

 


Grupos por Idade: GRUPO A: 6 - 8 anos / GRUPO B: 9 - 11 anos / GRUPO C: 12 - 14 anos / GRUPO D: 15 - 18 anos

 

Actividade de Nadal - Inscrición en LIÑA


ACTIVIDADE

DATOS PERSOAIS DO PARTICIPANTE

O/a participante é a persoa que vai participar na actividade, en caso de ser menor de idade deberán rexistralo/a o seu pai/nai/titor na seguinte páxina


ENDEREZO


DATOS DE CONTACTO


OBSERVACIÓNS E APOIO

No caso de precisar apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional, ou apoio técnico ou loxístico deberá comunicar esta circunstancia previamente á organización.

Padeces algunha enfermidade, alerxia ou intolerancia, que considere debemos ter en conta?. Precisa apoio técnico ou loxístico?

Verificación Idade
No caso de que o/a participante sexa menor de idade deberá cumplimentar a seguinte Autorización do/a pai/nai/titor.
Normas e Condicións

Lea e acepte as seguintes:

Normas de participación nas actividades


ENVÍO DE INFORMACIÓN

Autorizo ó Concello de Soutomaior a enviarme información sobre outras actividades que organiza ó meu correo electrónico?


AUTORIZACIÓN USOS DAS IMÁXENES

Para poder participar nesta actividade debe aceptar o uso institucional que o Concello de Soutomaior poida facer das imaxes ou vídeos que se fagan durante a actividade.


OBSERVACIÓNS ADICIONAIS

Sinatura

Sinatura do/a Participante

Declaro que son maior de idade. Faga a súa sinatura co dedo. Si non lle parece que saiu ben a sinatura, borre e volva a facela.


Accesos : 490