Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Cultura 
chama-dos-reis.jpg

Queres que te chamen os Reis Magos? 

Do: 26-11-2020 ó: 29-12-2020
Destinatarios/as: 2 - 10 anos
Lugar da actividade: On Line

Inscricións desde: 01-12-2020
Inscricións ata: Martes, 29. Decembro 2020
 

DESCRICIÓN

O Concello de Soutomaior pon a súa disposición este programa para que os Reis Magos poidan contactar cos nenos e nenas de Soutomaior e compartir un momento moi especial como é a agardada Noite de Reis.

Este é un ano diferente e complicado pero a maxia e a ilusión poden seguir estando presentes nas nosas vidas.

Participar será moi sinxelo soamente terá que seguir uns pasos moi sinxelos explicados cando cumprimente o formulario para concertar o día e hora no que quere recibir a súa vídeo-chamada.

As idades dos nenos e nenas que poden participar serán de 2 a 10 anos (ambas incluídas).

Despois do rexistro persoal debe marcar a data e a hora. Lembre que:

  • Terá que ter dispoñible o teléfono móbil no día e hora previamente marcada.
    Se por unha causa excepcional non fose posible contactar con vostedes porque o teléfono nese momento está apagado ou fóra de cobertura, os Elfos tentarano de novo ao finalizar a xornada (importante respectar a hora porque haberá moitas persoas agardando a chamada).
  • É posible que os Reis sufran algún leve retraso, non se preocupe, iso é porque serán moitos nenos e nenas e encántalles falar.
  • Lembre que pode comentar algo que considere importante para que os Reis Magos personalicen a vídeo- chamada e resalten o seu comentario. Ten un apartado na inscrición para esta información.

Se non pode dispoñer dun número de teléfono con whatsApp, NON SE PREOCUPE, póñase en contacto con nós neste número 641 585 245 e  os Elfos chamarano/a canto antes para ofrecerlle unha alternativa e que poida recibir igualmente a vídeo - chamada.

 


 

Actividade de Nadal - Inscrición en LIÑA


Accesos : 1462