EVENTOS / Concellería de Cultura
Descrición: A Agrupación teatral de Soutomaior Fonte da Tella estrea a obra “ Onte” que é unha adaptación da obra de Jorge Díaz “Ayer, sin ir más lejos” Jorge Díaz Gutiérrez (Rosario, 20 de febreiro de 1930 - Santiago, 13 de marzo de 2007) foi un dramaturgo chileno. Naceu en Arxentina de pais españois; viviu en Chile desde os tres ata os 35 anos; a partir de 1965, residiu en España; regresou a Chile en 1993 para recibir o premio internacional de teatro e permaneceu neste último país ata a súa morte. Autor de máis dun centenar de obras, entre as máis difundidas están O cepillo de dentes e O veleiro na botella.
O aforo está limitado polas autoridades sanitarias e para asistir débese de reservar praza no teléfono 616 26 25 47.
Accesos : 299 |