HORARIO
Saídas:
-
9.25 h Casa Concello Soutomaior
-
9.30 h Cruce de Pierres Arcade
Chegadas:
-
15.00 h Cruce de Pierres Arcade
-
15.05 h Casa do Concello
BREVE DESCRICIÓN
O monte Siradella, con 166 metros é o punto máis alto da península do Grove desde onde se domina coa vista a praia da Lanzada e todo o concello, xunto co Complexo Intermareal existente na zona. No alto do monte sitúase un Centro de Interpretación da Natureza que visitaremos. O persoal guía do centro de interpretación acompañaranos para comprender a natureza e a súa importancia.
-
10:30 Recepción na Aula de Natureza do Monte Siradella e visita comentada aos miradores. Pequeno percorrido.
-
11:15 Visita guiada á exposición e visionado do vídeo (7min)
-
12:00 Visita á Lanzada.
-
Percorrido pola praia, comentando restos de arribazón e vida no intermareal rochoso.
-
Formacións da vexetación dunar e as súas adaptacións. Evolución do istmo.
-
13:45 Observación de aves acuáticas no istmo de O Bao.
-
14:15 Remate da actividade guiada. REGRESO
CARACTERÍSTICAS: Dificultade baixa
TEMPO ESTIMADO: medio día
IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade
INICIO: Monte Siradella (o Grove)
CUSTE: de balde