OBRADOIROS / Concellería de Igualdade
DESCRICIÓN
Espazo vivencial teórico-práctico para mulleres nun espazo seguro e coidado para a nosa saúde Vivimos continuamente cambios e ás veces a vida colócanos en situacións que nos desorientan, nos desbordan, nos xeran confusión.
A mesma situación, a raíz do coronavirus, é unha situación complexa na que brotan en nós medos do pasado, inseguridades do presente, incertezas de futuro... Sentímonos como nun labirinto sen saber como saír del. O curso ofrece ferramentas para aprender a manexar estes cambios. Imos ver como colocarnos para acompañarnos e seguir conectadas coa enerxía vital, para aprender a vivir desde o autocoidado e o Botrato.
Facilitadora: Tareixa Ledo Regal Formada en Terapia do Reencontro
Accesos : 439 |