OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
Datas e horario:
As restantes 6 h serán en liña mediante videotutoriais.
Lugar: en liña e Xardín exterior do Multiúsos, Arcade.
Breve descrición:
O termo Heboi é unha palabra xaponesa que sirvepara identificar o que é deficiente ou de baixa calidade. Podría traducirse como celebrar o imperfecto ou defectuoso. HEBOCON aparece en Xapón en 2014 como unha competición de robots creativos e de tecnoloxía moi simple que compiten nunha adaptación da loita tradicional de sumo. Trátase dun torneo no que os eloxios máis distinguidos non son para a persoa vencedora, senón para os cacharros máis disparatados.
Neste taller utilizaremos o enfoque STEAM,(Ciencia, Tecnología,Ingeniería, Arte e Matemáticas) pero sobre todo, apender facendo. A partir de material de refugallo e co movemento DIY por bandeira, este obradoiros é o cóctel perfecto de creatividade e innovación. Achegarémonos á robótica dun xeito moi divertido e imos construir o noso “ heboi” (robot de baixa tecnoloxía).
Metodoloxía:
A formación será en liña a través de vídeo tutoriais e leccións a completar subindo unha foto co resultado á plataforma google clasroom. Haberá unha primeira sesión por video conferencia obrigatoria todos/as a vez para presentación do curso a través de google meet. Se algunha persoa tivese algún problema técnico con estas plaformas buscaremos alternativas.
Materiais necesarios: ordenador con conexión internet e cámara e micrófono.
Material de refugallo cartón, envases baleiros, xoguetes vellos,... Antes do inicio do curso o alumnado recibirá un KIT co material individual necesario para a construcción (Dinamo -cable -Motor-Silicona líquida).
DESCARGA:
Accesos : 416 |