EVENTOS / Concellería de Ensino SUSPENDIDO
Descrición: A Ciencia é apaixonante e pode ser moi divertida e co Show Aquelando ímoscho a demostrar. Inspirado no programa da TVG do mesmo nome e que copresenta o relator, iremos descubrindo aspectos fascinantes da Ciencia mentres levamos a cabo experiencias espectaculares como tombarnos sobre unha cama de cravos, romper ladrillos sobre o presentador ou lanzar ovos que de súpeto son irrompibles contra unha cortina.
DESCARGA: Programación "Soutomaior coa Ciencia"
Accesos : 509 |