CURSOS / Concellería de Mocidade
Datas: do 17 de febreiro a 28 de febreiro parte teórica e primeiras semanas de marzo parte práctica.
Obxectivos: aprender a efectuar o peche dunha operación de venda. Aprovisionar o punto de venda, animalo e mantelo operativo.Preparar a caixa, rexistrar e cobrar operacións.
Contidos: Aprovisionamento e almacenaxe na venda. Xestión de stocks e inventarios. Almacenaxe e distribución interna de productos. Animación e presentación do produto no punto de venda. Organización do punto de venda. Animación básica no punto de venda. Presentación e empaquetado de produtos para a venda. Operacións de caixa na venda. Caixa e Terminal Punto de Venda.
Datas e horarios:17, 19, 21, 26, 28 febreiro parte teórica de 09.30 a 13.30 h. O inicio das prácticas será cando remate a parte teórica en marzo en xornadas de 4 h/día e realizarase nunha empresa en Pontevedra. O desprazamento correrá a cargo do alumno/a.Os horarios serán ou de mañá ou de tarde.Isto acordarase co alumnado durante o curso.
DESCARGA O BIX: 2020-1-Cuatrimestre-BIX.pdf
OMIX
CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
NORMASTodas as persoas que se inscriban nas actividades organizadas pola Concellería de Xuventude deberán de ter en conta as seguintes cláusulas ou normas:
BONIFICACIÓNSConsultar bonificacións posibles para as actividades soamente para empadroados/as; estas poden ser: 1) Cando no mesmo grupo familiar teña máis dun participante se aplicarán as seguintes bonificacións:
2) Cando as persoas inscritas sexan beneficiarias da prestacións como RISGA ou similares prestacións quedarán exentos da taxa. Determinarase en cada actividade o número de prazas dispoñibles obxecto desta bonificación en función do tipo de actividade. Esta exención concederase polo Concello a petición do interesado acompañado dos seguintes documentos:
3) Cando as persoas inscritas sexan beneficiarias dalgunha prestación quedarán exentas da taxa (PERO quedarán reservadas por curso un número limitado de prazas (3), que se cubrirá por orde de inscrición). O resto das persoas terán que pagar a cota. Esta exención soamente se aplicará a un curso por trimestre. 4) Cando as persoas estén en situación puntual de emerxencia ou se consideren en risco de exclusión social quedarán exentos da taxa. Terán que acreditar tal condición previo informe da Traballadora Social do Concello, dunha institución análoga ou de persoal técnico acreditado para certificar tal condición. 5) Cando todos os membros da unidade familiar se atopen en desemprego e poidan acreditalo bonificarase un 50%.
Se a persoa non cumpre os criterios de asistencia establecidos, será dada de baixa automaticamente. No caso dos cursos de formación a persoa non terá dereito a diploma de asistencia. Si queres recibir información sobre as actividades no teu teléfono ou correo electrónico cubre o formulario NON OBSTANTE, para calquera dúbida ou aclaración aconsellamos consultar horarios, datas e condicións específicas para cada actividade na OMIX, presencialmente ou telefonicamente, no número 986 700 822; por corrreo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Accesos : 561 |