EVENTOS / Concellería de Cultura
Descrición: Pola mañá, ás 12:00 h, as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á Casa do Concello de Soutomaior, xunto da súa Comitiva Real. Pola tarde, a partir das 17:00 h as súas Maxestades iniciarán un percorrido desde a rúa Calvario ata a Alameda Talo Río, onde rematará o desfile. A Comitiva Real durante este percorrido irá acompañada dun espectáculo itinerante ambientado no” Mundo do Circo”. Interactivo, con moita música, cor e diversión a cargo de: Troula- Zancudos (zancos e power-skip) - Malabaristas - Monociclo (xirafa) - Pallasa en patíns - Pallaso en moniciclo - Oito músicos de ventos (charanga) (En caso de choiva no Multiusos).
Accesos : 498 |