CURSOS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
Esta formación con prácticas en empresas neste sector laboral con alta demanda ten como obxectivo capacitar ás persoas que participen para a realización das tarefas propias deste posto de traballo. A alumnado aprenderá a limpar, arranxar as habitacións e a desenvolverse como camareiro/a en aloxamentos de hostelería.
O curso ten unha duración de 60 h, 30 teóricas para falar das empresas comerciais e institucionais neste sector, atención á clientela, calidade, seguridade e hixiene, lavandería, etc; a continuación comezarase a fase práctica de 30 h que se levará a cabo en empresas para que o alumnado practique o aprendido. Vai dirixido preferentemente a mozos e mozas a partir dos 16 anos e tamén a toda aquela persoa interesa en formarse nesta profesión. As prazas son limitadas.
Descargar archivo:
Accesos : 759 |