![]()
Descrición: O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a Lugo .
A viaxe e o xantar son gratuitos para os xubilados empadronados no Concello de Soutomaior. Os acompañantes deberán abonar 20 €. O xantar está programado no Val dos Soños en Castro de Rei que está situado nunha contorna discreta e tranquila. Eríxese en plena natureza, polo que se converte nun lugar ideal para realizar acontecementos especiais. Rodeada dun emblemático bosque de carballos centenarios e un manancial con máis de 55.000 metros cadrados e cunha pequena capela que avala máis de 300 anos de antigüidade. Poderán anotarse nas oficinas da Casa do Concello e no Centro Social de Talo Río ata o día 12 de abril de 2019.
Accesos : 584 |