MAÑÁ – ROTEIRO PASARELAS RÍO MAO
As pasarelas do río Mao é un roteiro sorprendente. Localízanse, no corazón da Ribeira Sacra, ao sur da provincia de Lugo. O comezo áchase en Barxacova (Ourense), concretamente na Fábrica dá Luz, antiga central hidroeléctrica convertida hoxe nun albergue turístico e centro de exposicións. Trátase dunhas pasarelas de madeira que non presentan ningunha dificultade, fóra diso as lixeiras subidas que ten para salvar os obstáculos do terreo. Non queiras ir rápido, aproveita para gozar dunha paisaxe única. XANTAR
TARDE – CATAMARÁN POLOS CANÓNS DO RÍO SIL. RIBERIRA SACRA
A Ribeira Sacra é coñecida especialmente polos seus tesouros naturais, para explorar esta zona na que o río discorre encaixado a través de paisaxes e montañas aproveitaremos para realizar un itinerario polos Canóns do Sil en Catamarán.
HORARIOS: saídas e chegadas en autobús para todas as persoas inscritas
Saída 08:30 H Casa do Concello 08:40 H Cruce de Pierres
Chegada 21:15 H Cruce de Pierres 21:30 H Casa do Concello
IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.
IMPORTANTE: o xantar non vai incluído na actividade pero ofertamos desde o Concello a posibilidade de reservar.
14:00 a 15:30 H – XANTAR
Ao rematar o roteiro na parroquia de Abeleda.
OPCIÓNS:
Poderedes decidir si facelo de picnic no exterior ou no bar/restaurante “RESTAURANTE CASA LELO” . O restaturante ofrece a posibilidade dun menú:
- ADULTO (13€) que inclúe: Empanada e entremeses + xarrete ou costela ou lacón ou tenreira+ bebida+ sobremesa +café.
- INFANTIL menores ata 13 anos (10€) que inclúe: Macarróns con carne ou espaguetti con carne ou filete+ xeado+ bebida.
* RESERVAR O MENÚ: si que quere tomar menú haberá que indicalo no momento da inscrición no APARTADO DE OPCIÓNS. O Concello soamente xestiona a reserva e a persoa pago alí directamente no restaurante.