EVENTOS / Festival de Cine e Música Infantil
Descrición: Martiña soñadora é Sabela King á voz e ukelele e Carlos Gil Fandiño ao piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute de nenos e nenas. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues con fermosas letras en galego, e incluso en francés. Todas as cancións son orixinais do grupo. Sabela King forma parte de outras propostas para público infantil e familiar como é o caso de Bailabanda e A Pequena e Grande Orquestra; e Carlos Gil conta tamén con unha ampla experiencia na música para cativos e cativas, forma parte de grupos como OViravai entre outros. Xuntos exploran estilos e ritmos que sen dúbida farán gozar ao público infantil e familiar. ?
Accesos : 439 |