OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Este roteiro forma parte do programa municipal “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea para educar en valores de respeto e coidado á natureza.
PROGRAMA DA XORNADA:
Comezaremos a xornada camiñando polo roteiro da pedra e da auga (arredor das 11 h): 6,5 kms. Dificultade baixa; desnivel suave. Lineal. Terreo fácil e sen desnivel, aínda que con algún tramo mais irregular e con algunhas pedras esvaradías. discorre ao longo do río Armenteira, pola vereda que daba servizo a máis de 30 muíños, algúns en ruínas pero outros restaurados. Acompañaranos en todo momento a tan valiosa vexetación de ribeira e o son da auga. Tamén teremos a ocasión de pasar polo Mosteiro de Armenteira.
Ao rematar deixaremos tempo para xantar. Poderedes decidir si facelo de picnic no merendeiro ou no bar/restaurante “Os castaños” que está no punto final do roteiro.
Material recomendado para realizar a actividade:
Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Accesos : 641 |