OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
TRUCO TRATO
ORIENTACIÓN ESPECIAL SAMAIN
A Santa Compaña, no día de Samaín, ao seu paso por Soutomaior perdeu en Arcade unha alma porque un trasno malvado lle indicou mal cal era o camiño a seguir. Contamos con vós para tentar atopar algunha pista que localice onde está esta alma errante... !!!
DESENVOLVEMENTO:
• Faranse equipos entre 4 e 10 persoas.
• Haberá un máximo de 15 equipos ou 150 participantes.
• Priorizarase á xente empadroada.
• Os equipos sairán en masa (todos xuntos).
• Cada equipo levará un mapa , cun total de 10 puntos a visitar (en orde distinta en función do equipo).Pero tamén haberá un máis curto para as idades máis baixas con menos puntos.
• En cada un deses puntos terá unha proba ou ben unha pista que vos achegará ao momento final.
• Ao conseguir esa proba gañarán unha parte dun puzzle, que deberán compoñer entre todos os equipos ao
rematar o evento, ata tentar conseguir completar o puzzle.
• As probas serán de coñecementos, habilidade, imaxinación e creatividade. NON se trata dunha carreira.
• As inscricións realizaranse a través da web do Concello ata o 26 de outubro https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
HORA DE INICIO: ás 19 h en Talo Río
Cando cheguedes entregarásevos o mapa e explicarásevos como vos ides a organizar e o que teredes que ter en conta.
IDADES: poderán participar persoas a partir dos 5 anos en diante.
Nos equipos nos que haxa menores de 12 anos terá que inscribirse tamén unha ou varias persoas adultas. Canto máis baixas sexan as idades máis adultos terá que haber. A organización comunicará a cada equipo si a súa organización é a correcta unha vez rematado o prazo de inscrición.
O MAPA:as probas estarán distribuídas por Arcade para o que contaredes cun mapa que conseguimos quitarlle ao trasno. Os equipos nos que haxa nenos/as menores de 9 anos buscarán á alma errante por un percorrido máis pequeno.
AS PROBAS:
1. Mensaxe dos mortos
2. Truco/trato
3. Puzzle cabaza
4. Circuito cooperativo
5. Decora unha cabaza
6. Sopa de letras
7. Xogos tradicionais
8. Pictionary xigante
9. Maquillaxe
10. Fotomatón
11. Probas de lóxica
MOMENTO FINAL:despois de superar todas as probas cadra equipo terá unha peza do puzzle que se construirá colaborativamente na praza da Alameda TALO RÍO e darase un premio simbólico aos grupos que os monitores/as – xuíces consideren que foron máis: simpáticos e enxeñosos. Non se trata dunha proba competitiva polo tanto o premio serán dúas cabazas decoradas (1/equipo) chea de caramelos para repartir entre todos/as os participantes.
MÁIS INFORMACIÓN: na OMIX, Tel. 986700822; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / www.gabinetesoutomaior.com / www.soutomaior.gal
Accesos : 2786 |