Catalogación de flora e fauna. Identificación e redución de especies invasoras.
Obxectivo: iniciar un proceso de investigación sobre a flora existente no municipio e elaborar un caderno de campo no que se recolla información sobre: hábitats, especies autóctonas e alóctonas, …etc.
Breve descrición da acción:
Comezaremos cunha sesión inicial en natureza (dia 7 de outubro) para presentar o programa, dar unhas nocións básicas sobre como realizar o traballo de campo. A sesión será de 10.30 a 13.30 horas. Visitaranse diferentes zonas do concello.
A seguinte sesión será unha xornada en aula (dia 21 de outubro) para facer o caderno de campo: identificación das especies, organización da información, deseño e elaboración do caderno de campo
Perfil das persoas voluntarias
-
Titulación: non requirida
-
Experiencia: ningunha