Acción: selección, recollida e tratamento de residuos
Obxectivo: sensibilizar sobre o impacto que teñen os residuos que chegan os nosos ríos e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano. Concienciar sobre a necesidade de reducir residuos.
Breve descrición da xornada:
A acción constará de dúas sesións:
-
Unha sesión de "aula”, que se levará a cabo na Carballeira de Arcade se o tempo o permite o 26 de xuño (17:00 a 19:00), durante cal se inventarán diferentes slogans para concienciar do mal que fan os residuos na natureza, e se pintarán sobre pequenos paneis.
-
Unha sesión de traballo de campo o 15 de xullo (17:00 a 20:00) que se levará a cabo na praia da Ponte Colgante sobre o Verdugo, durante a cal se colocarán os carteis pintados anteriormente e se falará coa xente que esté no río, para informala e concienciala sobre o problema citado. Haberá tempo para un baño e un pequeno refrixerio durante a actividade.
Perfil das persoas voluntarias?
-
Titulación: non requirida
-
Experiencia: ningunha
-
Perfil:aberto a toda aquela persoa interesada en coñecer o que nos rodea.
-
Material necesario que traen as persoas participantes: roupa cómoda e que se poida manchar.
Compromiso de colaboración Voluntariado (maior de idade)
Compromiso de colaboración Voluntariado (menor de idade)