OBRADOIROS / Plan Municipal de Voluntariado
DESCRICIÓN
ACCIÓN: selección, recollida e tratamento de residuos.
Obxectivo: sensibilizar sobre o exceso no uso de plásticos e residuos que chegan as nosas praias e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano.
Breve descrición da xornada: Para comezar, darase unha pequena charla, de aproximadamente unha hora de duración, sobre os impactos medio ambientais dos residuos non nosos mares, facendo especial fincapé nos plásticos. Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión.
Posteriormente camiñaremos un pouco ata a praia obxecto da limpeza que imos realizar. É unha praia pequena, pouco frecuentada e descoñecida por moitos, que non é sometida a limpeza habitualmente.
Accesos : 1105 |