OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
A actividade consistirá en realizar dous roteiros pero nesta ocasión serán pola Illa de Sálvora e pola Illa de Ons, dous arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, único Parque Nacional que temos na nosa Comunidade Autónoma. En ambos roteiros trataranse aspectos naturais pero tamén culturais, xa que ambas illas tiveron poboación nalgún momento. Durante a xornada non se camiñará todo o día senón que haberá descansos e tamén hai que ter en conta os traslados de ida, de volta e entre illas.
Aproximación ó programa da xornada
Duración todo o día. Porase autobús para saír todos/as xuntos con paradas en dous puntos do Concello. Hora de saída en autobús desde:
Custe
Forma de pago roteiro “Illa de Sálvora e Ons” despois de inscribirse o pago terá que facerse ata o 1 de xuño como data límite. O pago poderá facerse:
Inscricións
Ó facer a inscrición en liña queda reservada a praza, pero a solicitude farase efectiva no momento de entregala asinada xunto con toda a documentación, senón anularase. A data límite da reserva é o prazo estipulado para a inscrición.
No caso de non obter praza comunicarase á persoa interesada e devolverase o importe mediante o mesmo sistema de pago.
*Consultar as bonificacións que se aplican a persoas empadroadas en relación a varios membros da unidade familiar anotados, situación de risco, cobro de prestacións, etc. recollidas no ARTIGO 4-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS da ORDENANZA DO PREZO PUBLICO POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE, CURSOS OU ACTIVIDADES FORMATIVAS NO ÁMBITO PROFESIONAL, ARTÍSTICO E PERSOAL REALIZADAS POLO CONCELLO DE SOUTOMAIOR.
Accesos : 1333 |