OBRADOIROS / Concellería de Ensino
Obradoiros lúdicos de Arquitectura (1 - 1 3/4 horas)
Inicio da actividade: 27-12-2017
Fin da actividade: 03-01-2018
Horarios: 27 decembro e 3 xaneiro
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: Limitadas
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
|
DESCRICIÓN
OBRADOIRO: o refuxio
-
Idades: 4 a 7 anos
-
Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
-
Horario: 10,15 a 11,5 h
-
Descrición: o xogo para explorar a idea de refuxio desde a perspectiva do corpo en relación co espazo. Realizaremos experimentos plásticos e psicomotores, construcións colectivas a partir do xogo simbólico e os roles.
OBRADOIRO: no chan
-
Idades: 8 a 11 anos
-
Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
-
Horario: 11,30 a 12,30 h
-
Descrición: mediante o xogo e o visual traballaranse destrezas múltiples con actividades de construcción. Experimentación física da gravidade cunha actividade visoespacial. A estrutura molecular e as incribles figuras xeométricas, experimentaremos co triángulo como elemento xerador de tridimensionalidade.
OBRADOIRO: a casa
-
Idades: 12 a 17 anos
-
Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
-
Horario: 12,45 a 14,15 h
-
Descrición: a través do xogo realizaremos un percorrido sobre a historia e a diversidade de casas. Exercizos gráficos de planos e elaboración de maquetas de traballo; arquitecturas populares, avances na arquitectura sostible…. Como queremos que sexan os nosos fogares?
Modo de pago: Non reporta pago
|
|