![]()
Descrición: Tradicional competición de fútbol en Arcade. Iniciarase ás 17,00 horas co encontro de fútbol feminino entre o equipo local Arcadia E.F. e o S.C.D. Pontecaldelas. As locais inician esta tempada cun novo adestrador na 2ª autonómica galega e son favoritas para lograr o ascenso á máxima categoría do fútbol feminino galego. Ás 19,00 horas é a quenda para o equipo masculino do C.D. Arcade que se enfronta ao Pontevedra C.F. “B” con miras a unha nova tempada onde se tentarán consolidar na 2ª autonómica coa axuda das novas fichaxes desta tempada.
Accesos : 535 |