fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 06 Outubro 2017 14:03

100 anos, felicidades

María Garrido Parada, veciña Centenaria

María Garrido Parada, veciña Centenaria

O Concello de Soutomaior conta cunha nova centenaria entres os seus habitantes. María Garrido Parada, veciña de Arcade, celebrou esta semana os seus 100 aniversarios en compañía de familiares e amigos. O alcalde, Agustín Reguera, quixo sumarse ás felicitacións e fíxolle entrega dun ramo de flores e un recordo de parte do Concello como recordo desta grata efeméride.

María viviu toda a súa vida no barrio da Montesiña, en Soutomaior, ata que fai unhas tres décadas trasladouse a Arcade para vivir coa súa filla e o seu xenro, os encargados do seu coidado.

“O seu estado de saúde é envexable e as súas ganas de vivir son enormes”, destacou o alcalde. 


Publicado en Alcaldía
Visto 3045 veces