fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 19 Xuño 2015 11:02

Visita de escolares de intercambio

Visita de escolares de intercambio

AGUSTÍN REGUERA COMPARTE A CULTURA DE SOUTOMAIOR CON 28 ALUMNOS AMERICANOS DE INTERCAMBIO

Os estudantes pasarán dúas semanas vivindo con familias locais grazas ao programa de intercambio que organizan os centros educativos de Vilaboa e Arcade.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, deu esta mañá a benvida a un grupo de estudantes estadounidenses da Newark Academy de New Jerse e que visitan Soutomaior grazas ao programa anual de intercambio de estudantes que organizan os centros escolares Manuel Padín Truiteiro de Arcade e O Toural de Vilaboa.

Acompañados polo rexedor local os mozos admiraron a beleza de algo tan singular para eles como é a fortaleza medieval do Castelo de Soutomaior. Trátase dun grupo de 28 alumnos procedentes da cidade de Livingston que teñen por diante teñen 13 días de auténtica cultura galega.

Na súa visita gozarán dunha etapa do Camiño de Santiago, unha viaxe en catamarán, a praia da Lanzada, unha poxa de peixe na lonxa de Ribeira, as termas de Ourense e ata unha visita guiada polas bateas da ría.

O alcalde quixo dar a benvida a estes alumnos e compartir con eles algúns detalles do Castelo. Do mesmo modo aproveitou a ocasión para felicitar os coordinadores do programa polo seu traballo á vez que destacou que "estas iniciativas se prolongan no tempo moito máis do que duran os programas. Forxan amizades entre os alumnos que duran para sempre".


Publicado en Alcaldía
Visto 3180 veces