fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 11 Xaneiro 2017 13:48

Concello de Soutomaior 2017

Concello de Soutomaior 2017

O Concello de Soutomaior volve conxelar as taxas por quinto ano consecutivo co obxectivo de non aumentar a presión fiscal mantendo a oferta de servizos que presta o consistorio e mantendo a débeda 0 que permita xestionar os recursos municipais sen trabas económicas .

Aínda así, para este ano 2017 e cos fondos achegados polo Estado, Xunta, Deputación e con fondos propios, manterá e mellorará todos os servizos básicos para os veciños e veciñas.

Os investimentos previstos, entre outros, seguirán coa mellora do patrimonio en fontes e lavadoiros como os de Lourido,  Moreira, Lavandeira e Montesiña.

Melloras viarias en Aranza,Samean, Moureiros,  etc.  e mellora no acceso ao Peirao de Arcade onde se dará maior protagonismo aos peóns.

En instalacións deportivas destacará a instalación no Pavillón Municipal de parquet deportivo e tamén se acometerán obras de mellora nos vestiarios do Campo Municipal de Fútbol de Salgueirón.

En materia de cultura, mocidade lecer etc. seguiranse potenciando diversas actividades como a noite de San Xoan, o entroido, Reis Magos, samain,e sobre todo a Festa da Ostra.

Seguiranse mellorando e ampliando os distintos cursos formativos a todos os niveis así como as escolas municipais de teatro, deportivas, pintura e debuxo (entre outras).

En materia medio ambiental poñerase en marcha da escola municipal de horta urbana e ecolóxica e reforzarase a aposta pola compostaxe.

As axudas sociais así como para transporte e material escolar, subvencións a clubs, deportistas e asociacións culturais, están contempladas á alza dentro das previsións anuais.

O Centro de Información á muller seguirá co seu labor de asesoramento xurídico ,social e psicolóxico.

As obras de urbanización dos accesos ao novo instituto  darán un paso máis cara a adiante para a súa posta en funcionamento nos prazos previstos

Con estes breves apuntamentos o Concello de Soutomaior traza as directrices de funcionamento, investimentos e servizos para o ano 2017 onde primará sobre todo buscar o benestar de todos os veciños e veciñas.


Publicado en Alcaldía
Visto 3330 veces