fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 24 Xullo 2014 02:00

Mapa Xudicial da Provincia

Mapa Xudicial da Provincia / Foto: OS ALCALDES DE REDONDELA, SOUTOMAIOR, PAZOS DE BORBÉN E FORNELOS SÚMANSE AO MANIFESTO PARA MANTER O MAPA XUDICIAL DA PROVINCIA.

A declaración solicita paralizar a eliminación dos partidos xudiciais e ter en conta as particularidades demográficas de cada bisbarra. "Nesta cuestión non hai cores políticas. Esta é unha acción polo ben común que nos afecta e debemos defender todos". Así definiu o alcalde de Redondela, Javier Bas, o manifesto impulsado pola Deputación de Pontevedra e ao que esta mañá se sumaron os Concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Nunha reunión celebrada na Casa do Concello de Redondela, os representantes de cada municipio da bisbarra, a excepción do de Fornelos de Montes que non puido acudir, expresaron a súa inquietude polo prexuízo que suporá para os seus veciños a reforma do mapa xudicial da provincia impulsada polo Ministerio de Xustiza e que pretende suprimir os partidos xudiciais.

O obxectivo desta reunión era "Defender os intereses dos nosos veciños facendo unha fronte común e sumándonos á declaración realizada polo presidente Louzán este luns", afirmou Javier Bas que aproveitou a ocasión para agradecer aos representantes do resto de Concellos o seu apoio ao manifesto. Unha declaración que concorda co rexeitamento mostrado a esta reforma xudicial polos plenos municipais de todos os Concellos da bisbarra.


Publicado en Alcaldía
Visto 70569 veces