fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 09 Xuño 2022 13:23

Soutomaior lócese ante decenas de profesionais do sector turístico congregados no Porto (Portugal)

Soutomaior lócese ante decenas de profesionais do  sector turístico congregados no Porto (Portugal)

O alcalde de Soutomaior desprazouse onte ata Vila Nova de Gaia (Portugal) para participar nun evento no WOW Porto. Alí reuniuse con medios, axencias e influencers dedicados ao sector turístico para poñer en valor o gran atractivo de Soutomaior.
Fíxoo no marco da campaña “Mulleres do Camiño de Santiago’’ que busca unificar os esforzos de varios concellos para competir no mercado turístico como un único reclamo para todo tipo de públicos.
Na degustación non faltaron algúns dos produtos estrela do noso Concello, como son os viños e as ostras.

Publicado en Alcaldía
Visto 379 veces