fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 27 Mai 2022 10:42

Un festival de música; un salón do videoxogo; deporte ao aire libre; unha de obradoiros e moito, moitísimo, máis no programa ‘Hai plan! Soutoverán'

Un festival de música; un salón do videoxogo; deporte ao aire libre; unha de obradoiros e moito, moitísimo, máis no programa ‘Hai plan! Soutoverán'

Onte, o alcalde de Soutomaior, e as  concelleiras de  Xuventude e Educación presentaron o programa ‘ Hai Plan!  Soutoverán’. Trátase do programa  xuvenil de Lecer e Tempo Libre deste verán que este ano vén cargado de sorpresas e plans para todos os públicos.

Destaca, por exemplo, a celebración do Festival “ SoutoMareiro” que traerá ao  Peirao de Arcade as actuacións de Grande  Amore, Chaleco Reflectante e  EME  DJ. Pero tamén haberá tempo para  obradoiros; voluntariados; campamentos de inglés; deporte; concursos e moitas outras actividades.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, sinalou a importancia de organizar actividades para a poboación máis nova, “como unha forma de fomentar o comercio local e evitar que os/as adolescentes e adultos/as mozos/as se despracen aos  concellos limítrofes para gozar dos seus momentos de lecer”

Para iso, este verán púxose todo o empeño en crear unha programación que poida contentar a todos e todas, con actividades que, ademais, espérase que atraian a Soutomaior a  mozos e mozas  doutros  Concellos e mesmo doutros países, como é o caso do campo de voluntariado internacional.


Cartel Cartel

Publicado en Alcaldía
Descargar adjuntos:

22 Hay plan! Soutoverán (BIX).pdf (167 Descargas)

Información adicional

Visto 648 veces