fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 29 Abril 2022 14:49

Xa está operativa a estación de carga para coches eléctricos do Peirao

Xa está operativa a estación de carga para coches eléctricos do Peirao

O alcalde de Soutomaior,  Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación de carga das tres coas que contará o concello nas próximas semanas.

Con este acto, ponse en marcha un novo servizo que  durante os próximos tres meses,  permitirá a calquera que se achegue ata a zona recargar a batería do seu vehículo de forma  gratuíta. Ademais, para os empadroados que teñan ou vaian adquirir un vehículo eléctrico, o  servizo será gratuíto durante todo un ano.

Desta  forma, Soutomaior convértese nun dos primeiros da lugares da contorna en ofrecer puntos de carga públicos. Isto, que responde á aposta do concello por fomentar un modo de vida máis sostible, será ademais un atractivo para moitos veciños doutros concellos que virán a Arcade a repostar, coas consecuencias que isto supón para comerciantes e hostaleiros.

Cabe destacar que en total son tres as estacións de carga públicas que se instalaron no  Concello: Unha na rúa Rosalía de Castro; outra pegada á casa do Concello; e a do Peirao que xa está operativa.


Publicado en Alcaldía
Visto 514 veces