fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 27 Abril 2022 11:28

Reunión ca veciñanza para saber como actuar no improbable caso dun accidente na Presa de Eiras

Reunión ca veciñanza para saber como actuar no improbable caso dun accidente na Presa de Eiras

Onte os veciños de Soutomaior puideron coñecer de primeira man o Plan de  Emerxencia da actual Presa De Eiras. Nun acto celebrado no  Multiúsos de Arcade no que, ademais do Alcalde de Soutomaior, participaron o  Xefe Territorial  do Servizo  Emerxencias, Miguel  Dubois, e o Técnico de Augas de Galicia, Rubén Curros, os asistentes recibiron toda a información necesaria para saber como actuar en caso de emerxencia.

No acto estivo tamén o concelleiro e xefe de Protección Civil, Carlos  Bas, que xunto a varios efectivos, non perderon detalle dos temas tratados e asumiron o seu importante labor.

O acto terminou coa proxección dun vídeo explicativo, que podes encontrar no facebook do Concello. Tamén se repartiron uns folletos que podes descargar aquí. 


Publicado en Alcaldía
Visto 698 veces