Alcaldía
Alcaldía +
Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente a ofrecer unha alternativa de lecer a todas as familias, contou cunha boa parte de animación infantil, aínda que tampouco faltaron as presentacións de libros enfocadas ao público adulto, como a de ‘En tempo de desconto’ (Galaxia) do escritor Xosé Ramón Pena, ou a charla sobre cómic impartida por Abraham Carreiro e Octavio Beares.
O evento foi todo un éxito. Todos os talleres programados ( ‘Crea ou teu xornal’; ‘Explora e experimenta’ e ‘Aprende a facer un cómic’) cubriron todas as súas prazas. Ademais, pola carpa que se instalou na Alameda de Talo Río para protexer aos visitantes da choiva, pasaron ao longo dos dous días de Feira varios centos de persoas. Entre elas o Secretario Xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Manuel Lorenzo, que chegou a Soutomaior para demostrar o apoio da Xunta ás iniciativas deste tipo que se teñen organizado no Concello.
Doutra banda, a mascota ROTI ocupouse de manter á cativada ocupada, cun pasaporte literario que os levou a percorrer todos os postos da feira en busca duns selos que máis tarde intercambiarían por papeletas para o sorteo final de premios. No devandito sorteo, preto de medio centenar de visitantes puideron levar a casa un kit con agasallos que incluía libros, marcapáxinas e demais obsequios relacionados coa literatura.
Péchase así unha Feira do Libro na que se superaron todas as expectativas de asistencia, a pesar das fortes choivas que acompañaron durante as dúas xornadas. O resultado foi un evento no que, ademais, apostouse polo talento local, dando prioridade aos veciños e veciñas que, dun ou outro modo, están relacionados co mundo da literatura.
Para o ano que vén espérase unha Feira do Libro aínda mellor, na que reparar os erros que puidesen xurdir nesta primeira edición froito da inexperiencia, e onde se repitan todos os éxitos logrados.
Alcaldía
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación de carga das tres coas que contará o concello nas próximas semanas. Con este acto, ponse en marcha un novo servizo que durante os próximos tres meses, permitirá a calquera que...
25-04-2022 / Alcaldía
Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente...
08-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse onte ata a sede de Augas de Galicia en Santiago para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da...
07-04-2022 / Alcaldía
O alcalde, Agustín Reguera, acudiu onte xunto ao responsable da Protección Civil de Soutomaior, Carlos Bas, a unha sesión de información sobre o Plan de Emerxencia da Presa de Eiras...
06-04-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta para facelo partícipe dos avances e logros que se conseguiron en Soutomaior e atopar as mellores formas de...
29-03-2022 / Alcaldía
O Concello de Soutomaior empezou coa colocación das novas placas que adornarán as fachadas de cada edificio e coas que se pretende facilitar a orientación de todo tipo de servizos...
14-03-2022 / Alcaldía
Esta mañá déronse cita no Pavillón Municipal da Montesiña varios responsables políticos que participaron na entrega dunha tenda de campaña aos efectivos da Protección Civil de Soutomaior. Esta nova carpa, equipada...
31-03-2021 / Alcaldía
O vindeiro luns día 5 de abril (luns de Pascua) está designado polo Pleno Municipal como festivo local polo que todas as instalacións municipais permanecerán pechadas
Alcaldía +