fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 08 Abril 2022 12:55

Concello de Soutomaior apoia o informe de Augas de Galicia que solicita a demolición da 'Presa do Inferno'

Concello de Soutomaior apoia o informe de Augas de Galicia que solicita a demolición da 'Presa do Inferno'

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse onte  ata a sede de Augas de Galicia en Santiago para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da 'Presa do Inferno'. Alí, tras coñecer as conclusións do último estudo técnico realizado, o alcalde aproveitou o trámite de audiencia aberto no expediente para mostrar oficialmente o apoio de Soutomaior á demolición da presa e a recuperación do leito natural do río Verdugo.

Así, aínda que as conclusións do informe son precisas e avoga claramente pola retirada da central hidroeléctrica, o estudo non ten carácter vinculante e a decisión definitiva sobre o futuro do aproveitamento correspóndelle á dirección de Augas de Galicia. Por este motivo, desde o  Concello de Soutomaior remitirase nos próximos días unha carta apoiando as conclusións do informe e solicitando a retirada da presa.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, cualificou esta visita como “un paso máis para poder recuperar o leito orixinal do Verdugo” e lembrou que Augas de Galicia xa cualificou fai tres anos ao Verdugo como un río “moi modificado” como medida de protección ambiental incluída na Directiva Marco da auga Europea.

Do mesmo xeito, o edil indicou que a eliminación da presa e a posterior restauración do leito orixinal do  rio implicaría a recuperación dun tramo de 2km do  rio Verdugo e 5km do  rio San Vicente, “o que supoñería un aumento da biodiversidade do río e melloraría a súa produtividade natural. Unha mellora que sería moi beneficiosa para os nosos sectores produtivos como o marisqueo e a hostalería”, finalizou Reguera.


Publicado en Alcaldía
Visto 444 veces