fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 06 Abril 2022 12:41

O alcalde reúnese con Alfonso Rueda e consigue unha colaboración en 'futuros proxectos' a través das axudas da Xunta

O alcalde reúnese con Alfonso Rueda e consigue unha colaboración en 'futuros proxectos' a través das axudas da Xunta

Onte, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta para facelo partícipe dos avances e logros que se conseguiron en Soutomaior e atopar as mellores formas de manter unha colaboración estreita entre o Concello e o goberno autonómico.

A reunión resultou ser moi positiva para Soutomaior, xa que o vicepresidente da Xunta mostrouse entusiasmado coas iniciativas que se están levando a cabo no Concello e abriu a porta para colaborar en futuros proxectos a través da liña de axudas da Xunta.

O apoio do goberno autonómico é de suma importancia para seguir desenvolvendo o Concello, tanto a nivel de infraestruturas, como no ámbito social e cultural. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asegurou saír da reunión “con moi boas sensacións” e convencido de que este contacto “terá un impacto positivo na vida dos veciños e veciñas de Soutomaior, que é ou realmente importante”.


Publicado en Alcaldía
Visto 572 veces