fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 14 Marzo 2022 14:16

Nova carpa para protección civil de Soutomaior

Nova carpa para protección civil de Soutomaior

Esta mañá déronse cita no Pavillón Municipal da Montesiña varios responsables políticos que participaron na entrega dunha tenda de campaña aos efectivos da Protección Civil de Soutomaior.

Esta nova carpa, equipada con luz interior e adaptada ás necesidades diarias dos voluntarios, foi cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través dos fondos FEDER. O novo equipamento portátil e fácil de instalar permitirá unha maior efectividade e comodidade aos integrantes da Protección Civil de Soutomaior, tanto nas súas operacións diarias como nos grandes eventos, onde o seu traballo é imprescindible.

Entre os asistentes ao acto atopábanse o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; a Alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández; e o Tenente de Alcalde do Rosal, entre outros.


Publicado en Alcaldía
Visto 501 veces