A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, aprobou e fixo efectivos xa os pagos na concesión de axudas por importe de 141.825 € para 73 actuacións dos negocios de hostalería do Concello de Soutomaior ao amparo do Plan de Rescate para Autónomos e Microempresas e os establecementos hostaleiros pechados como consecuencia das restricións sanitarias.
Estas axudas foron distribuídas da seguinte maneira: 23 axudas á hostalería por motivo do peche dos seus establecementos, 13 para microempresas e 37 para axudas a autónomos.
A Xunta garante 50 millóns de euros para un segundo plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería
Así mesmo o Concello de Soutomaior cumprindo co acordo alcanzado entre o alcalde e a Asociación de Hostaleiros reserva, nos orzamentos 2021, unha partida de máis de 20.000 euros para financiar as axudas directas aos negocios locais.
Axudas destinadas a cubrir os gastos de auga, rede de sumidoiros e recollida de lixo, ademais de manter a exención no pago polas terrazas.