Debido á preocupante situación motivada polo incremento dos contaxios por COVID-19 na nosa contorna máis próxima e dada o perigo do momento, o Concello de Soutomaior recomenda evitar posibles desprazamentos e saídas do domicilio, a non ser por causas estritamente necesarias.
Evitar os contactos sociais e reducir o tempo de estancia en lugares públicos así como respectar a distancia social e o uso obrigado de máscaras.
Seguir o resto de recomendacións e obrigacións das autoridades sanitarias.
Pedimos a toda a cidadanía a súa colaboración porque cumprindo as medidas non só protexémonos, senón que protexemos aos que nos rodean.