Martes, 12 Xaneiro 2021 13:31

Reinicio das Escolas Deportivas 2020-2021

Reinicio das Escolas Deportivas 2020-2021

O vindeiro luns día 18 de xaneiro reiniciaranse as Escolas Deportivas 2020-2021 no Pavillón Municipal da Montesiña. As actividades, días, grupos e horarios serán os mesmos cos que se iniciaron no mes de outubro.

O Concello de Soutomaior pon en marcha de novo estas Escolas Deportivas xa que a Xunta de Galicia desde a súa Secretaría Xeral para o Deporte indicou un protocolo para a práctica deportiva durante a pandemia de coronavirus “ volvendo con sentidiño” que será a fórmula para achegarse do modo máis seguro posible á volta do deporte lúdico de maneira non federada.

Todos os integrantes das Escolas Deportivas recibirán un correo para informarlles deste novo inicio.

Seguiranse todos os protocolos establecidos pero recoñecendo a gran incerteza e xiros que aínda poden tomar os acontecementos relacionados coa crise do coronavirus


Publicado en Deportes
Visto 354 veces


Alcaldía
Casa do Concello

Suspensión da feira de Arcade

24-01-2021 / Alcaldía

Debido á preocupante situación motivada polo incremento dos contaxios por COVID-19 na nosa contorna máis próxima e dada o perigo do momento, o Concello de Soutomaior  suspende ata novo aviso a Feira de Arcade que se celebra os días 13 e 26 de cada mes Pedimos a toda a cidadanía a súa colaboración  e que se cumpran as medidas sanitarias e...

TV Alcaldía de Soutomaior