fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Decembro 2020 10:09

Novas medidas contra o Covid- 19.

Novas medidas contra o Covid- 19.

Diario oficial de Galicia (DOG) de data 03-12-2020 nº 244-bis

Ao noso concello situárono nun nivel de risco medio

Peche perimetral: non se pode saír nin entrar no Concello.

Hostalería aberta co 40 % do aforo interior, o 50 % no exterior e ata as 23.00 horas. Mesas de ata seis persoas.

Agrupación máxima de 6 persoas non conviventes. (Tanto no ámbito público como no privado.)

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva,o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Sen prexuízo do establecido no número 3.18.2, os parques infantís, parques biosaudables,zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares estarán abertos ao público (nuns días despois de proceder ásúa limpeza e desinfectado) sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto

Uso de espazos públicos.Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de seis persoas,sexan ou non conviventes, e incluído o monitor para as actividades grupais.

Mantense o toque de queda entre as 23.00 e as 6.00 horas e o aforo ao 50 % nos comercios.

Lugares de culto: 50% do aforo respectando as medidas de distanciamento

Lembramos o uso obrigatorio de máscara, distanciamento social e medidas hixiénicas recomendadas

Desde o Concello de Soutomaior apelamos á responsabilidade e prudencia para consolidar o noso positivo cambio de tendencia.


Publicado en Alcaldía
Visto 1348 veces