fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 09 Novembro 2020 13:56

Instalación de colectores para a recollida de roupa usada

Instalación de colectores para a recollida de roupa usada

O Concello de Soutomaior asinou un convenio de colaboración con Caritas que se materializou coa instalación de tres colectores para a recollida de roupa usada en varios puntos do municipio para que se lle poida dar unha segunda vida que sirva de axuda aos máis necesitados.

En función do éxito da iniciativa poderase ampliar o número de puntos de recollida.

Instaláronse dous colectores en Arcade, na zona do Peirao e na rúa Xosé Solla (diante da praza de abastos), e outro Soutomaior, na rúa Alexandre Bóveda.

Neles os veciños poderán depositar roupa, calzado, bolsos e produtos téxtiles de diferentes usos, como mantas e sabas.


Publicado en Alcaldía
Visto 617 veces