fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 02 Xuño 2020 10:28

Novo calendario pago tributos municipais

Novo calendario pago tributos municipais

Normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais. calendario de cobro de xuño a decembro do exercicio 2020.

 A afectos de garantir ás persoas contribuíntes as maiores facilidades para o pago dos seus tributos durante un período temporal o mais escalonado posible dáse publicidade ao novo calendario de cobro de tributos do Concello de Soutomaior.

Para a efectiva aplicación dos plans de pago personalizados neste segundo semestre rexerán as seguintes normas:

PLAN DE PAGOS PERSONALIZADOS COVID-19: Habilitado como consecuencia da crise sanitaria producida na actualidade e a conseguinte repercusión económica da mesma, ten como obxectivo facilitar o pago fraccionado das cotas por recibo de todos ou algún dos seguintes tributos: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), no período voluntario de pagamento.

Os requisitos para acollerse ao Plan de pagamento personalizado COVID-19 son:

 Solicitude presentada antes do día 15 de xuño do 2020 a través da OVT (https:// ovt.depo.gal) ou a través dos resto de sistemas regulamentados na LPACAP co modelo normalizado.

 O pagamento realizarase ata en 6 mensualidades

O plan rexerase, en todo o non disposto, pola Ordenanza fiscal xeral do ORAL

 Non existirá contía mínima no importe de cada prazo.

Envío de documentos de ingreso: Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago. Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400


Publicado en Alcaldía
Visto 1109 veces